PRENSA NA ESCOLA

sábado, 5 de novembro de 2016

O MAGOSTO

O MAGOSTO otono-imagen-animada-0002

No mes de Novembro, a castaña recupera a importancia que o millo e a pataca
 lle arrebataron nas lareiras galegas hai varios séculos.  Nestes días rendeselle
 culto, é o Magosto.
O aire das frías noites do 1 e o 11 de novembro levou sempre en Galicia o recendo
das castañas asadas. O Magosto era o tempo que os galegos reservaban para honra-las
colleitas, despois do equinoccio, un costume que nestes últimos anos se intenta recuperar.

magosto Proclamada de novo raíña, o queixume da castaña mentres é cociñada
 convida a compartir con familiares e amigos as horas nocturnas alumeados polas faíscas
 da lareira e a luz das lapas baixo o ceo raso.

Ó rito que acompaña a noite non lle falta de nada. Festa de mozos e mozas, eles traen
 o viño tinto novo -o primeiro da colleita do ano-, mentres elas xuntan os froitos.
Di o refrán: "Por San Martiño faise o magosto con castañas asadas e viño ou mosto".
Novembro representa, en terras galegas, o tempo do Magosto e o comezo da
  temporada da matanza do porco

Por San Martiño celébranse reunións en casas e barrios durante as que se comen castañas
asadas acompañadas por chourizos e polo primeiro viño tinto da colleita do ano.

RECURSOS PARA O MAGOSTO:
https://sites.google.com/site/recursosparaomagosto/

Ningún comentario:

Publicar un comentario