PRENSA NA ESCOLA

mércores, 16 de decembro de 2015

Que conto máis fermoso fixeron os nosos alumnos de... de quen será?Pensade en que data estamos. É tempo de....do...APALPADOR


sábado, 5 de decembro de 2015

O EDLG envía estos ENLACES para traballar o NADAL
  • QUE É O NADAL?
    • http://gl.wikipedia.org/wiki/Nadal
  • O NADAL NA CULTURA POPULAR GALEGA
    • http://gl.wikipedia.org/wiki/O_Nadal_na_cultura_popular_galega
  • O NADAL NOUTRAS CULTURAS
    • http://vello.vieiros.com/nadal98/culturas.html
  • O NADAL EN GALICIA
    • http://www.galiciadigital.com/images/especiales/especiales/nadal/tradicions.php
  • CANTOS DE NADAL
    • http://oquiquiriqui.com/indexb.html
  • RECURSOS ELABORADOS POR OUTROS CENTROS EDUCATIVOS DE GALICIA
  • RECURSOS ENVIADOS POLA COORDINADORA GALEGA DOS ENDL :http://coordinadoraendl.org/nadal/index.ph
  • ETC,...



ESTAMOS NO MES DE DECEMBRO E É TEMPO DE NADAL. TEMPO ONDE APALPA AS BARRIGAS DOS NENOS  "O APALPADOR"

mércores, 2 de decembro de 2015

EN MEMORIA DE XOSÉ NEIRA VILAS

Presentamos un traballo feito por nenos do noso colexio. Todos queremos adicarlle este traballo na súa memoria.

Para vostede, DON XOSÉ NEIRA VILAS




mércores, 11 de novembro de 2015

É o tempo do MAGOSTO

O mes de novembro é o mes do Magosto, e son dúas as datas máis correntes para a súa celebración: o día 1 de novembro, festa de Tódolos Santos, ou o día 11, festa de San Martiño. Este mes de novembro tamén leva o nome deste santo.

Outra data case obrigada para comer castañas é o primeiro de Maio, chamándoselles "MAIOLAS ou MAIAS", e comíanse para "non desmaiarse o resto do ano".

Tamén se comían as castañas na Coresma cando había o costume de que non se comese carne.

Fíxate se se comían castañas en Galicia que ata que apareceron as patacas no lugar destas consumíanse as castañas. Hai moitos xeitos de comer castañas: Castañas asadas, castañas cocidas, caldo de castañas, etc.

Para que lles sexa máis cómodo comelas, nalgúns sitios atravésanas cun fío para poder levalas a modo de colar.




Polo San Martiño, trompos ó camiño

No Magosto, xornada de xogos populares: canicas, trompos, diabolo, cordel.....

DENDE O EDLG seguimos enviando enlaces para traballar o Magosto dende as aulas:
  • http://www.xunta.es/linguagalega/outono_materiais_e_recursos



luns, 2 de novembro de 2015

MENUDO TRABALLO O QUE FIXERON OS NOSOS ESTUPENDOS ALUMNOS!
MIRADE ESTE VÍDEO E VEREDES QUE PEDAZOS DE ARTISTAS TEMOS NO NOSO COLE


xoves, 22 de outubro de 2015

O SAMAÍN
barani1-17.gif (11965 bytes)







O EDLG proporciona á comunidade educativa estos enlaces para traballar O SAMAÍN nas aulas ou nas casas, tamén. Esperamos que vos sexa de interese e de utilidade.
Pinchade nestas palabras SAMAÍN 2015



luns, 19 de outubro de 2015

EN GALEGO FALO EN GALEGO ESCRIBO...

O EDLG INVÍTAVOS A ESCOITAR ESTE ESTUPENDO VÍDEO


BENVID@S










Xa comenzamos os XOGOS NO PATIO

                                                                                                             O EDLG

mércores, 27 de maio de 2015

REVISTA CORTEGADA

O EDLG informa que o prazo para entregar traballos para a revista "Cortegada" remata o venres 29 de maio antes do recreo. Create your own Animation

mércores, 20 de maio de 2015

LETRAS GALEGAS 2015

Onte vivimos no centro unha xornada adicada a nosa lingua. Festexamos o día das Letras dun xeito sinxelo pero moi, moi especial. Logo de que dúas alumnas de 6º recordaran a figura de Xosé Filgueira Valverde, autor homenaxeado este ano, houbo festa por todo o alto. Contamos coa presenza do grupo das pandeiretas e do grupo de gaitas do noso centro quenes nos deleitaron cunhas pezas de música tradicional galega. Fixéronno realmente ben e por iso non deixaron de recibir aplausos dun público totalmente entregado. Despois todos bailamos unha muiñeira e para rematar degustamos uns churros feitos por unha churreira profesional. Grazas profe Inma por organizar este acto e grazas profe Malena por facer posible ese magnífico acompañamento musical. Moi feliz día das nosas letras e moi, moi pero que moi longa vida a nosa lingua!!!!
Aquí deixamos un vídeo realizado pola Voz de Galicia onde podedes ver o ben que o pasamos.



O acto apareceu na prensa. Clicade neste enlace para velo:

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/arousa/2015/05/20/dia-das-letras-galegas-ainda-latexa-colexio-carril/0003_201505A20C119911.htm

HOMENAXE A TAKASHI MURAKAMI

Como ben sabedes, moitas aulas do noso centro, coordinadas pola mestra María Rodríguez (titora de 6º), sumáronse á homenaxe ao artista Takashi Murakami. Aquí deixamos algunhas fotos dos traballos realizados e dos bonitos resultados desta gran iniciativa artística.


luns, 18 de maio de 2015

FHOTOCALL CURSOS 3ºA E 3ºB

Aquí deixamos máis fotos onde os alumnos e alumnas de 3º A e 3º B reivindican o uso da nosa lingua. Magníficos rapaces e rapazas!! Moitas grazas mestras Patricia e Paz porque grazas a vós podemos encher este blogue de fotos en defensa do noso idioma. Aí van!!!

3º B: O galego é parte da nosa vida

3ºA: É a túa lingua, non a deixes voar!


venres, 15 de maio de 2015

CORRELINGUA 2015

Hoxe os cursos 4ºA e 4ºB participaron, xunto con outros escolares da comarca, no Correlingua, unha carreira en defensa do noso idioma: O GALEGO.
Ás 10:30 xa estábamos na Praza da Peregrina en Pontevedra co noso cartaz onde se podía ler o nome do noso centro e o noso lema.

A saída da marcha foi ás 10:45 e durante 1,6 km (uns 20 minutos aproximadamente) percorremos algunhas rúas da cidade portando o cartaz e provistos todos duns dorsais cunha palabra en galego. A continuación, volvemos xuntarnos todos na praza para escoitar a lectura dun manifesto por parte do CPI de Pontecesures (gañadores do concurso) e logo disfrutamos da actuación do grupo BOCINAZO.
Para rematar a festa houbo entrega de agasallos e solta de globos, todo conducido polo músico e escritor Xurxo Souto. Houbo moita música, moito baile, moitos berros, moita troula e sobre todo moito GALEGO!!!
Que ben o pasamos!!! Aquí deixamos un video para que vexades canto disfrutamos.

mércores, 13 de maio de 2015

MÁIS TRABALLOS DA PROFE BEGO

Ah! Faltaba un conto.
                             "Chove en Santiago"

OS CONTOS DA PROFE BEGO

Presentamos os traballos que fixo a profe Bego cos seus alumnos. Que contos! tanto poéticos coma narrativos. Gracias nenos por facer estes marabillosos "Puppet" !!

"Florencia e a súa tía"


PHOTOCALL CORRELINGUA

Como se divertiron os alumnos e alumnas denesta actividade proposta pola  organización do Correlingua. Tiraron unhas fotos acompañados duns bocadillos cun lema que intentase fomentar o uso do galego. Espectacular rapaces, rapazas e mestras de "Cuarto Carril"!!



venres, 8 de maio de 2015

EXPOSICIÓN DE ARTE E HOMENAXE A MURAKAMI

O Equipo da Biblioteca quere convidarnos a unha exposición de arte TOPE GUAI.  Dende o día 4 de maio ata o día 21 poderemos ver "As flores felices de Murakami" realizadas polo alumnado do noso centro como homenaxe a este artista plástico.Ademais no expositor recomendan interesantes libros de arte. Agora tan so queda esperar a que os libros rulen....



MARCAPÁXINAS DÍA DO LIBRO

Queremos amosarvos estes fermosos marcapáxinas elaborados polos alumnos e alumnas de 3ºB para festexar o Día do Libro. Xa vedes que cuns materiais moi sinxelos e un pouco de imaxinación e creatividade podemos facer uns marcapáxinas do máis divertido.

xoves, 30 de abril de 2015

DÍA DO LIBRO

Dende a biblioteca propuxeron unha interesante actividade para conmemorar o Día do Libro (23 de abril). Consistíu en preparar co alumnado unha lectura (xa fora un conto, poema, adiviña, noticia do xornal,...) e visitar a un curso diferente para agasallalo con ela. Aquí deixamos uns vídeos dalgúns cursos participantes. Agardamos que guste. É unha orde.

FINA CASALDERREY VISITA O NOSO COLE!!!

Fai uns días os alumnos e alumnas de 4º de Primaria recibiron a visita da escritora pontevedresa Fina Casalderrey quen conquistou ao alumnado cunha charla sobre a súa obra e vivencias. Todos e todas estivemos moi atentos ao que nos contaba. Foi un verdadeiro luxo ter no noso centro a visita desta gran escritora membro da Real Academia Galega. Xa estamos desexando que nos visite de novo!!


mércores, 22 de abril de 2015

xoves, 9 de abril de 2015

MURAL ROSALÍA

Así de bonito quedou o mural de Rosalía. Grazas a todos e todas pola vosa colaboración.


martes, 24 de febreiro de 2015

EU SON ROSALÍA!!

A Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega propuxo unha interesante actividade para conmemorar o Día de Rosalía. Propuxo celebrar o día da poeta baixo o lema "Eu son Rosalía" e convidou a quenes quixeran participar a gravar en vídeo unha frase que comezaría por "Eu son Rosalía porque/cando/para, ....." Así que alá nos fomos, de cabeza!!! Os nosos alumnos e alumnas puxéronse na pel de Rosalía e o contaron a través deste vídeo. Agardamos que vos guste.

venres, 20 de febreiro de 2015

PARABÉNS PARA TI!

Ollade que cousa bonita atopei!!! Para facilitar que os nenos e nenas celebren e feliciten os aniversarios en galego, impulsouse dende o concello de Carballo e a Mesa a gravación desta canción co seu correspondente videoclip. Xenial traballo. Parabéns.

XA TEMOS MASCOTA NA BIBLIOTECA!!

Esta semana deuse a coñecer o nome do premiado no concurso de mascotas que o equipo da biblioteca puxo en marcha. Logo de moito deliberar o xurado escolleu a feita por JAVIER TORRES de 2ºB. Parabéns.


Debuxo gañador do concurso mascota da biblioteca. Feito por Javier Torres de 2ºB.

Informarvos tamén que todos os debuxos participantes están expostos nun dos corredores do centro. Grazas de novo a todos e a todas por participar.






mércores, 18 de febreiro de 2015

ENTROIDO 2015

Para aprender e desfrutar do entroido esta magnífica páxina dos Bolechas:


Premede na imaxe dos Bolechas e entraredes no documento

venres, 6 de febreiro de 2015

CHEGOU O MECO A CARRIL!!!!

Hoxe apareceu o Meco no noso cole. Todos os nenos e nenas e tamén as mestras estamos ilusionadas coa súa aparición. Lembremos que este personaxe tan representativo do entroido ordénanos vir cada día da vindeira semana disfrazados con algunha prenda ou complemento. Para o luns da próxima semana o seu mandado é o seguinte: "COMO O ENTROIDO COMEZA POMOS ALGO NA CABEZA". Non vos esquezades de traer o que manda e  recordade que estes mandados son acumulativos.

O MECO
 Recordamos tamén que todo o centro xa está a preparar os seus disfraces que porán en escea o día do desfile de Entroido, o vindeiro venres 13 de febreiro. Que ganas de que chegue o día!!!!!

domingo, 1 de febreiro de 2015

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) disponse a conmemorar, un ano máis, o Día de Rosalía de Castro, fixado no Calendario do Libro e da Lectura o 24 de febreiro, aniversario do nacemento da autora.
Aquí deixamos información sobre esta actividade así como enlaces de páxinas web para traballar Rosalía nas aulas.
 

venres, 30 de xaneiro de 2015

DÍA DA PAZ

Hoxe foi un día especial no cole porque celebramos o día da Paz. Para festexar esta data elaboramos un vistoso mural no cal escribimos unha lenda dos indios americanos. Dese mural partían moreas de bolboretas cara as distintas aulas, bolboretas que levábamos xa uns días pintando e decorando. O centro encheuse así de fermosas bolboretas e podo dicir que estaba precioso con toda esta ambientación. Tamén estivemos ensaiando a canción de Toc toc de Pablo Díaz, así que hoxe todos e todas estábamos preparadísimos para cantala, cousa que fixemos verdadeiramente ben. Por mor da chuvia o acto tivo lugar no salón de actos e ao final rematamos cunha actividade moi emocionante: soltamos unhas pombas grazas a colaboración dun avó dun alumno do noso centro.
A continuación amosamos un vídeo que recolle unha pequena escolma de fotos nas que poderedes ver o moito que traballamos e o ben que o pasamos.

martes, 20 de xaneiro de 2015

UNHA MASCOTA PARA A NOSA BIBLIOTECA

Como ben sabedes a biblioteca do noso centro puxo en marcha un concurso para elexir mascota. Hoxe queremos dar a coñecer os debuxos dos sete finalistas; dentre eles sairá elexido o gañador. Sei que foi moi compricado escoller, xa que todos eran realmente fantásticos. Nuns días saberemos cal deles será a mascota encargada de informarnos das diferentes actividades que dende o equipo da biblioteca se propoñen. O resto dos debuxos serán expostos na biblioteca. Moitas grazas a todos e todas por participar.