PRENSA NA ESCOLA

mércores, 27 de maio de 2015

REVISTA CORTEGADA

O EDLG informa que o prazo para entregar traballos para a revista "Cortegada" remata o venres 29 de maio antes do recreo. Create your own Animation

mércores, 20 de maio de 2015

LETRAS GALEGAS 2015

Onte vivimos no centro unha xornada adicada a nosa lingua. Festexamos o día das Letras dun xeito sinxelo pero moi, moi especial. Logo de que dúas alumnas de 6º recordaran a figura de Xosé Filgueira Valverde, autor homenaxeado este ano, houbo festa por todo o alto. Contamos coa presenza do grupo das pandeiretas e do grupo de gaitas do noso centro quenes nos deleitaron cunhas pezas de música tradicional galega. Fixéronno realmente ben e por iso non deixaron de recibir aplausos dun público totalmente entregado. Despois todos bailamos unha muiñeira e para rematar degustamos uns churros feitos por unha churreira profesional. Grazas profe Inma por organizar este acto e grazas profe Malena por facer posible ese magnífico acompañamento musical. Moi feliz día das nosas letras e moi, moi pero que moi longa vida a nosa lingua!!!!
Aquí deixamos un vídeo realizado pola Voz de Galicia onde podedes ver o ben que o pasamos.



O acto apareceu na prensa. Clicade neste enlace para velo:

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/arousa/2015/05/20/dia-das-letras-galegas-ainda-latexa-colexio-carril/0003_201505A20C119911.htm

HOMENAXE A TAKASHI MURAKAMI

Como ben sabedes, moitas aulas do noso centro, coordinadas pola mestra María Rodríguez (titora de 6º), sumáronse á homenaxe ao artista Takashi Murakami. Aquí deixamos algunhas fotos dos traballos realizados e dos bonitos resultados desta gran iniciativa artística.


luns, 18 de maio de 2015

FHOTOCALL CURSOS 3ºA E 3ºB

Aquí deixamos máis fotos onde os alumnos e alumnas de 3º A e 3º B reivindican o uso da nosa lingua. Magníficos rapaces e rapazas!! Moitas grazas mestras Patricia e Paz porque grazas a vós podemos encher este blogue de fotos en defensa do noso idioma. Aí van!!!

3º B: O galego é parte da nosa vida

3ºA: É a túa lingua, non a deixes voar!


venres, 15 de maio de 2015

CORRELINGUA 2015

Hoxe os cursos 4ºA e 4ºB participaron, xunto con outros escolares da comarca, no Correlingua, unha carreira en defensa do noso idioma: O GALEGO.
Ás 10:30 xa estábamos na Praza da Peregrina en Pontevedra co noso cartaz onde se podía ler o nome do noso centro e o noso lema.

A saída da marcha foi ás 10:45 e durante 1,6 km (uns 20 minutos aproximadamente) percorremos algunhas rúas da cidade portando o cartaz e provistos todos duns dorsais cunha palabra en galego. A continuación, volvemos xuntarnos todos na praza para escoitar a lectura dun manifesto por parte do CPI de Pontecesures (gañadores do concurso) e logo disfrutamos da actuación do grupo BOCINAZO.
Para rematar a festa houbo entrega de agasallos e solta de globos, todo conducido polo músico e escritor Xurxo Souto. Houbo moita música, moito baile, moitos berros, moita troula e sobre todo moito GALEGO!!!
Que ben o pasamos!!! Aquí deixamos un video para que vexades canto disfrutamos.

mércores, 13 de maio de 2015

MÁIS TRABALLOS DA PROFE BEGO

Ah! Faltaba un conto.
                             "Chove en Santiago"

OS CONTOS DA PROFE BEGO

Presentamos os traballos que fixo a profe Bego cos seus alumnos. Que contos! tanto poéticos coma narrativos. Gracias nenos por facer estes marabillosos "Puppet" !!

"Florencia e a súa tía"


PHOTOCALL CORRELINGUA

Como se divertiron os alumnos e alumnas denesta actividade proposta pola  organización do Correlingua. Tiraron unhas fotos acompañados duns bocadillos cun lema que intentase fomentar o uso do galego. Espectacular rapaces, rapazas e mestras de "Cuarto Carril"!!



venres, 8 de maio de 2015

EXPOSICIÓN DE ARTE E HOMENAXE A MURAKAMI

O Equipo da Biblioteca quere convidarnos a unha exposición de arte TOPE GUAI.  Dende o día 4 de maio ata o día 21 poderemos ver "As flores felices de Murakami" realizadas polo alumnado do noso centro como homenaxe a este artista plástico.Ademais no expositor recomendan interesantes libros de arte. Agora tan so queda esperar a que os libros rulen....



MARCAPÁXINAS DÍA DO LIBRO

Queremos amosarvos estes fermosos marcapáxinas elaborados polos alumnos e alumnas de 3ºB para festexar o Día do Libro. Xa vedes que cuns materiais moi sinxelos e un pouco de imaxinación e creatividade podemos facer uns marcapáxinas do máis divertido.