PRENSA NA ESCOLA

luns, 28 de novembro de 2016

Pereiradelobos teatro

O pasado 16 de novembro a compañía de teatro Pereiradelobos tivo a súa primera representación, bolo en termo teatral, no Colexio  BREA SEGADE de Asados, Rianxo e esta reseña é o que escribieron no seu blog da biblioteca:



A compañía Pereira de Lobos triunfou no Brea Segade. A súa interpretación da obra Restaurante Farruco de Chus Pereiro encantounos de principio a fin: os decorados, o vestiario e a caracterización dos personaxes, a posta en escena...
Tan ben o pasamos que houbo quen lles preguntou se podían volvela facer, dous por un!
Moitísimas grazas a tod@s os membros Pereira de Lobos por compartir con nós o voso amor polo teatro e pola literatura infantil.
Noraboa polo voso traballo e pola alegría que trasmitides.
Tomámosvos a palabra: tedes que volver!
Un bico especial para a directora da compañía, a rianxeira Merchi Rodríguez Pimentel, boa amiga da BBS. 

xoves, 24 de novembro de 2016

25 de novembro DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO



Nesta páxina poderedes atopar unha chea de recursos para traballar este tema:
https://sites.google.com/site/recursosviolenciadexenero/

venres, 18 de novembro de 2016

domingo, 13 de novembro de 2016

25 de novembro





25 DE NOVEMBRO

DÍA INTERNACIONAL
CONTRA A VIOLENCIA 
DE XÉNERO

Este conto pode ser un bo recurso para traballar nas aulas este día.