PRENSA NA ESCOLA

mércores, 13 de decembro de 2017

CANCIÓNS DO NADAL

POR SE QUEREDES ESCOITAR E CANTAR ,  deixovos unhas cantas cancións

O APALPADOR

Chega o Apalpador.

Todos coñecemos ao Apalpador, ese rubio carboeiro coa roupa chea de remendos que unha vez ao ano baixaba das montañas luguesas para tocar as barrigas dos nenos e comprobar que estaban ben alimentados e aproveitaba para desexar un bo ano e deixar unha deliciosa presa de castañas a cada neno e nena.
Temos xa un montón  de recursos, contos cancións arredor da figura do Apalpador coma os que atoparás máis abaixo e aos que podes acceder facendo clic nas imaxes.

ACTIVIDADES SOBRE A FLOR DO NADAL

FLOR DO NADAL PARA 1º E 2º DE PRIMARIA

O NADAL

Por estas datas moitos motivos comezan a engalanar as nosas casas, coles, rúas, escaparates...Un deles a  Flor de Pascua ou Ponsettia
Weihnachtsstern - groß.jpg
                                                              FLOR DO NADAL



CHEGOU O NADAL



venres, 23 de xuño de 2017

CORTEGADA DIXITAL

Xa está aquí a primeira edición dixital da nosa revista escolar Cortegada. Agardamos que vos guste.


luns, 22 de maio de 2017

CELEBRACIÓN DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2017

O pasado 18 de maio celebramos o DIA DAS LETRAS GALEGAS 2017 no noso colexio e organizado polo equipo de dinamización da lingua galega (EDLG), como ven sendo habitual ao longo destes anos.

 O autor homenaxeado este ano é CARLOS CASARES

O equipo de dinamización da lingua galega propuxo realizar un traballo por niveis ou ciclos, de calquera tipo, sobre algún libro de literatura infantil de Carlos Casares. Nas imaxes pódense ollar. Pensamos que estos serían os máis interesantes e contamos coa AXUDA DA Biblioteca para mercalos. A este proxecto, adheríronse algunhas titoras e mans á obra. No acto celebrado o día 18 puidemos disfrutar do bo facer dos nosos alumn@s e  das titoras. E...velaquí están as representacións:

Educación Infantil coa súa"Galiña azul" (pincha no título)

1º de educación primaria, coas "Laranxas  máis laranxas de tódalas laranxas" 




2º de educación primaria co "Can Rin e o lobo Crispín"


                                                    

                                                            O Can Rin e o lobo Crispín (pincha para velo vídeo)

5º  de educación primaria con "O Galo de Antioquía"



 6º de educación primaria: "Un polbo xigante"




Neste acto contamos coa presenza de 2 presentador@s: Victor (6º A) e María Pereira (6ºB)


E TODOS XUNTOS CANTAMOS : "Fía, fía, fía na roca"
"FÍA, FÍA, FÍA NA ROCA"  ( pinchade na canción)



martes, 2 de maio de 2017

Aí ven o Maio

E xa chegou maio!
E os alumnos de 1º faltoulles tempo de preparar un lindo maio coas flores e fiúnchos que trouxeron das súas fincas e xardíns.
Aquí vai a foto de como lles quedou.







E esta outra, dos artistas ao redor da súa obra:




Rematamos coas coplas creadas para a ocasión:


"Con fiunchos e flores
con xestas e amores
fixemos un maio
cheíño de cores."

"Ao maio, maíño,
maíño, maieiro,
pedímoslle auga
que caia do ceo."


xoves, 23 de marzo de 2017

ASOCIACIÓN DE ESCRITORES DE LINGUA GALEGA

OLLADE o noso traballo de Rosalía que podedes visualizar, tamén, neste enlace:
http://www.aelg.gal/actividades/dia-de-rosalia-de-castro/2017/2/24/dia-de-rosalia-de-castro-2017

luns, 6 de marzo de 2017

OS PELIQUEIROS DE 1º


PELIQUEIROS Á SOLTA! 







Interrumpindo os silencios das aulas, saíron á solta as máscaras do entroido, despertando cos seus chocallos aos seus concentrados estudiantes ... para lembrarlles que o entroido xa está aquí!


 





OS ALUMNOS E ALUMNAS DE 1º NIVEL RECREARON UNHA ARTE POPULAR, UNHA MÁIS DO NOSO RICO PATRIMONIIO GALEGO, ESTE ANO SIMBOLIZADO NA MÁSCARA DE LAZA EN OURENSE: O PELIQUEIRO.





Aprendimos moitas cousas sobre o ritual e o vestido dos Peliqueiros.
Aquí vos deixamos algunas imaxes e uns enlaces para quen teña interés en ampliar a información sobre o fantástico mundo das máscaras de inverno. 





E VIVA O ENTROIDO!




PARA SABER MÁIS...
Enlaces de interés sobre o entroido:






ROSALÍA DE CASTRO

OS TRABALLOS DE 6º





DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA

Mulleres na Historia de Galicia


8 DE MARZO DE 2017 

 

domingo, 5 de marzo de 2017

SEMANA DA PRENSA

Do 6 ao 10 de marzo celebraremos a SEMANA DA PRENSA NA ESCOLA



5 BOAS RAZÓNS PARA LEVAR A PRENSA Á ESCOLA

1.O periódico é unha ferramenta única. Trata cada día infinidade de temas e é perfectamente adecuado para utilizar en calquera nivel, desde infantil ata bacharelato.
2. Os xornais están ao día, axudan aos alumnos a informarse e a converterse en cidadáns responsables. Tenden unha ponte entre o mundo real e a aula.
3. Os periódicos son motivadores e xeran actitudes positivas ante a lectura. Todo o mundo atopa no periódico algo que lle interesa e divirte.
4. Os periódicos non só axudan aos alumnos a mellorar o seu nivel de lectura, senón tamén a facelo de forma crítica.
5. Unha vez que os nenos aprenden a usar o xornal para obter información, teñen unha ferramenta imprescindible para toda a súa vida.
Recursos para traballar a PRENSA
A PRENSA

ROSALÍA DE CASTRO

OS TRABALLOS DE 1º


Ramalliño de Rosalías 1º A e 1º B

CEIP PLURILINGÜE ROSALÍA DE CASTRO-