PRENSA NA ESCOLA

domingo, 31 de xaneiro de 2016

O ENTROIDO 2016


O ENTROIDO 2016
 AS ORIXES E OS RITOS DO ENTROIDO
Resultado de imagen de entroidoO Entroido é celebrado en toda Europa dende épocas descoñecidas. Non se sabe con certeza a súa orixe, algúns pensan que vén da tradición celta, outros afirman cos comezos desta festa, pódense atopar na adoración a Baco ou Dionisos .

Coa chegada do cristianismo, moitas das festas pagás, que eran antigamente celebradas foron tomadas e cristianizadas. Deste xeito, esta celebración que tiña posiblemente o seu significado na despedida dos longos e duros días do inverno, mesturouse coa despedida da carne antes do período de abstinencia da Coresma que comeza no día mércores de Cinza (é dicir "corenta días antes do domingo de Ramos).
As orixes das palabras que denominan a esta festa son: o termo "Carne Vale" (é dicir "o adeus á carne"), do que despois derivou a palabra "Carnaval"; ó termo "Introitum" (que significa "a entrada á Coresma!) do que vén a palabra "Entroido" ou "Antroido".

O entroido fai referencia a unha época de "carne" , tomando o sentido literal da palabra. O Entroido quere significar, dende sempre, a volta ó mundo do revés, a subversión, a ruptura das convencións sociais e o cambio de roles. As características comúns destes días son o comer, beber e cantar, rirse do máis sagrado, é dicir , as cousas que non se fan habitualmente.

En sentido relixioso trátase do triunfo de "don Carnal" sobre "dona Coresma", que reinará nos seguintes corenta días, ata a celebración do Xoves Santo. Pero o Entroido foi deixando pouco a pouco o seu sentido relixioso como festa preparatoria da Coresma para converterse nun acontecemento cheo de xolda e desenfreo.

O Entroido subsiste debido a que é unha festa que invita á participación de todos, sen prexuízos nin distincións. O anonimato que proporcionan as máscaras e os disfraces é un dos seus principais atractivos, pois permítelle á xente facer máis cousas que ó acostumado.

A FESTA DO ENTROIDO EN GALICIA

En Galicia o Entroido celébrase dende sempre. Existen manifestacións dunha moi fonda tradición e que aínda perduran hoxe, especialmente na provincia de Ourense, e nalgunhas partes de Lugo, mesturando esas tradicións ancestrais con outros elementos máis novos.

Entre o os chamados " ritos de grupo" (a súa orixe e significado é descoñecida) pódense citar:

Os Cigarróns que son personaxes enmascarados e adornados (coma en Verín), as Pantallas que amolan ós viandantes con dúas vexigas cheas de aire (moi común no Entroido de Xinzo da Limia) , os distintos Peliqueiros (coma en Laza), personaxes que se distinguen pola súa animalización: non falan, levan chocas coma os animais, zorregan á xente e levántanlle a saia ás mulleres,.animais como pode ser unha vaca, o burro ou o galo, xa sexa reais ou simulados simbolizan o Entroido en si e interveñen na festa, ben para ser burlados e escarmentados, ben para actuar activamente facendo falcatruadas; os Correos, que van pola veciñanza ofrecendo cós Xenerais "canten" a cada unha das casas a cambio dunha doazón, os Xenerais, vistosamente disfrazados con sombreiros, medallas e fitas que lembran de xeito choqueiro os uniformes do século XIX.
Nalgunhas das parroquias realízanse tamén encontros ou "saltos" entre os xenerais, facendo un repaso satírico da vida cotiá.

Os disfraces no medio rural sempre foron moi variados, a súa simbolización é a da volta ó mundo do revés... Por iso hai homes vestidos de mulleres e mulleres vestidas de homes, de curas ou monxas... Moitas veces os que non tiñan disfrace, vestíanse coa roupa do lado do revés.

No Entroido todo está permitido. Son moi comúns os discursos coma os testamentos, os chamados arranques ou as coplas, que son sátiras da realidade e de feitos sucedidos durante o ano, incluíndo ós referidos ós veciños e ás institucións públicas.
Dende o século XIX, comezou a celebrarse nos liceos de cidades e vilas un entroido máis burgués, con disfraces e bailes máis elaborados. Xa no século XX, e durante a época da guerra e da posguerra o entroido foi perseguido, polo que algunhas das tradicións perdéronse. Pero, dende os anos 70 deu comezou un proceso de recuperación destas tradicións máis ancestrais, tanto nas aldeas coma nas cidades; nestas ultimas con desfiles, concursos e disfraces nas rúas acompañados con música.

Pero o que sempre primou do Entroido, e o espírito de crítica contra todo, e a posibilidade de dicir esas cousas con ton de sátira.


Como levamos facendo dende o ano pasado, aquí tendes enlaces para traballar o Entroido:



venres, 22 de xaneiro de 2016

DÍA DA PAZ

 Resultado de imagen de gifs animados paz





SEMANA DA PAZ E DÍA DA PAZ (29 DE XANEIRO 2016)


Proxecto PARAUGAS POLA PAZ, de MATT LAMB (pintor irlandés)




Este proxecto empezou no 2002 con 38 nenos orfos vítimas do 11 de setembro.

 Xa participaron desde ese momento ata agora 900.000 nenos e adultos de
27 países ( de Arxentina, Australia, Bélxica, Brasil, Canadá, República Checa,
 Filipinas, Francia, Alemania, Grecia, Irlanda, Italia, Israel/Palestina, Xapón,
 Lituania, Luxemburgo, Panamá, Polonia, Slovenia, Rusia, Singapur, España,
 Reino Unido, EEUU, Thailandia e Vietnam). Hai máis de 500.000 paraugas pintados.
O paraugas como metáfora de protección. A parte superior (que é a que se pinta)
 simboliza a vivenda e a parte interior/inferior representa as nosas preocupacións e medos.




 
O día 30 de Xaneiro conmemórase a morte do líder nacional
 e espiritual da India, o Mahatma Gandhi, o 30 de Xaneiro de 1948,
 asasinado a tiros por un fanático hinduísta.
Gandhi naceu en Porbandar, India, en 1869, e tras graduarse en
 dereito en Inglaterra, instalouse en África do sur e loitou
 alí contra a discriminación de que eran obxecto os indios. Ao
 volver á India organizou a resistencia non violenta contra o
colonialismo e a non cooperación coa administración inglesa.
 Tratou de frear os choques entre hindús e musulmáns.
 Encarcerado en numerosas ocasións, era en 1937 o líder
dun movemento independentista capaz de mobilizar ou
 deter a millóns de indios.
Por outra banda, tamén celebramos nesta xornada o Día
 Escolar da Non-Violencia e da Paz. Este foi fundado en
1964 polo Inspector de Ensino Lorenzo Vidal. É definida como
 unha xornada educativa de pacificación, co fin de levar
 aos educandos polo medio da reflexión persoal ao descubrimento
 da mensaxe fundamental de que "o amor é mellor que o odio,
 a Non-violencia mellor que a violencia e a paz mellor que a guerra" (Vidal, 1972).



Enlaces para traballar a Semana da Paz ou do Día da Paz