PRENSA NA ESCOLA

mércores, 17 de decembro de 2014

MOI BO NADAL!!!

O EDLG deséxavos Bo Nadal e un vindeiro 2015 cheo de boas novas. Antes de que remate o ano queremos compartir con todos vós este vídeo que recolle unha pequena mostra dos traballos de Nadal feitos e que forman parte da decoración do centro durante este último mes. Están feitos todos uns artistas. Cargade moito as pilas nestas vacacións!!

mércores, 3 de decembro de 2014

XOGOS POPULARES E TRADICIONAIS.

Proximamente, nos tempos de recreo, poderemos xogar ao peón, á corda, ao brilé, ao pano, ás cordas, ...  e a unha morea de xogos populares e tradicionais que forman parte do noso patrimonio cultural. Moitos destes xogos veñen acompañados de cantigas coas que disfrutaredes repetíndoas unha e outra vez. Agardamos que con eles pasedes moitos momentos de ledicia, tantos como os que nós pasamos cando éramos cativos. Disfrutade moito!!!


luns, 24 de novembro de 2014

POLO SAN MARTIÑO, TROMPOS AO CAMIÑO




O MAGOSTO NO COLEXIO DE CARRIL


E por fin puidemos celebrar a festa do magosto. Despois de moitos días de chuvia e de ter traballado en clase con distintas actividades ao redor desta sabrosísima festa, por fin o tempo deunos tregua e deixounos saír ao patio a comer castañas e  xogar con elas.

Mapa conceptual do magosto feito polos alumnos e alumnas de 1º


Do magosto aprendimos que é unha festa cíclica do outono que anuncia a chegada do tempo frío.
Que a árbore da que nacen chámase castiñeiro e que un bosque de castiñeiros recibe o nome de souto.
Que as castañas hai que sacalas con coidado dos ourizos, que pinchan moito, e que despois van ao sequeiro a pasar uns días para ser secadas e así non collan bicho.



Aquí temos a imaxe dun sequeiro no medio do souto.

E que antigamente, o magosto realizábase no mesmo souto onde recollían as castañas.



E agora algunas fotos que dan contan do ben que o pasamos.



























sábado, 1 de novembro de 2014

AUTORRETRATOS CON ACRÓSTICOS

A principios de curso, para coñecernos todos e todas un chisquiño mellor realizamos esta actividade: debuxamos o noso autorretrato e, coas iniciais dos nosos nomes, fixemos uns acrósticos empregando verbas en galego que nos gustasen moito. A idea sacámola do blogue "Falando enténdese a xente".
Clicade no vídeo para ver como nos quedaron. Nós pensamos que xeniais pois son todos e todas moi imaxinativos.

martes, 28 de outubro de 2014

Presentación

Benvidos a todos e a todas!!!

O EDLG do C.E.I.P. Plurilingüe Rosalía de Castro de Carril, empeza unha nova andadura, que esperamos sexa estupenda.