PRENSA NA ESCOLA

martes, 24 de febreiro de 2015

EU SON ROSALÍA!!

A Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega propuxo unha interesante actividade para conmemorar o Día de Rosalía. Propuxo celebrar o día da poeta baixo o lema "Eu son Rosalía" e convidou a quenes quixeran participar a gravar en vídeo unha frase que comezaría por "Eu son Rosalía porque/cando/para, ....." Así que alá nos fomos, de cabeza!!! Os nosos alumnos e alumnas puxéronse na pel de Rosalía e o contaron a través deste vídeo. Agardamos que vos guste.

venres, 20 de febreiro de 2015

PARABÉNS PARA TI!

Ollade que cousa bonita atopei!!! Para facilitar que os nenos e nenas celebren e feliciten os aniversarios en galego, impulsouse dende o concello de Carballo e a Mesa a gravación desta canción co seu correspondente videoclip. Xenial traballo. Parabéns.

XA TEMOS MASCOTA NA BIBLIOTECA!!

Esta semana deuse a coñecer o nome do premiado no concurso de mascotas que o equipo da biblioteca puxo en marcha. Logo de moito deliberar o xurado escolleu a feita por JAVIER TORRES de 2ºB. Parabéns.


Debuxo gañador do concurso mascota da biblioteca. Feito por Javier Torres de 2ºB.

Informarvos tamén que todos os debuxos participantes están expostos nun dos corredores do centro. Grazas de novo a todos e a todas por participar.






mércores, 18 de febreiro de 2015

ENTROIDO 2015

Para aprender e desfrutar do entroido esta magnífica páxina dos Bolechas:


Premede na imaxe dos Bolechas e entraredes no documento

venres, 6 de febreiro de 2015

CHEGOU O MECO A CARRIL!!!!

Hoxe apareceu o Meco no noso cole. Todos os nenos e nenas e tamén as mestras estamos ilusionadas coa súa aparición. Lembremos que este personaxe tan representativo do entroido ordénanos vir cada día da vindeira semana disfrazados con algunha prenda ou complemento. Para o luns da próxima semana o seu mandado é o seguinte: "COMO O ENTROIDO COMEZA POMOS ALGO NA CABEZA". Non vos esquezades de traer o que manda e  recordade que estes mandados son acumulativos.

O MECO
 Recordamos tamén que todo o centro xa está a preparar os seus disfraces que porán en escea o día do desfile de Entroido, o vindeiro venres 13 de febreiro. Que ganas de que chegue o día!!!!!

domingo, 1 de febreiro de 2015

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) disponse a conmemorar, un ano máis, o Día de Rosalía de Castro, fixado no Calendario do Libro e da Lectura o 24 de febreiro, aniversario do nacemento da autora.
Aquí deixamos información sobre esta actividade así como enlaces de páxinas web para traballar Rosalía nas aulas.