Como cada 24 de febreiro, o noso colexio celebra o día adicado á figura de Rosalía de Castro. Dende a AELG
propuxemos a elaboración e envío dunha postal
cun deseño alusivo ao Día de Rosalía , cun
verso ou estrofa que actúe de estímulo creativo para que rapazas e
rapaces realicen un debuxo en torno á figura de Rosalía de Castro. Tamén se procedeu ao rotulado utilizando pictogramas, nunha parede exterior do centro. Eleximos a estrofa, proposta pola AELG, “Alborada” de Cantares gallegos e mirade o resultado!
Dende a EDLG agradecemos a participación de TOD@S nesta actividade