PRENSA NA ESCOLA

venres, 20 de maio de 2016

CELEBRACIÓN DAS LETRAS GALEGAS NO COLEXIO

Un ano máis celebramos tod@s no colexio o DÍA DAS LETRAS GALEGAS. Foi hoxe, 20 de maio, e o pasamos fenomenal: escoitamos a través duns marabillosos presentadores a vida de MANUEL MARÍA, cantamos "O Carro" e por último fixemos as carreiras das letras compoñendo o mural tod@s xuntos. Ollade o resultado final


Letras Galegas 2016

Na biblioteca do cole temos un exemplar da Revista Cortegada, o número 8, de Maio de 1996, onde se recolle unha entrevista a Manuel María feito polos alumnos de 7º e 8º.
Ide a darlle unha lectura. É moi interesante!

sábado, 7 de maio de 2016

Manuel María


Os recoñecidos músicos Uxía, Magín Blanco e Santi Cribeiro -que teñen mostrado a súa mestría para engaiolar o público infantil en traballos como María Fumaça, Rosalía pequeniña, A nena e o grilo ou Gatuxo- cantan os textos do poeta da Terra Cha nun concerto pensado para cativada de máis de 5 anos e as súas familias.
Pinchade neste enlace e podedes acceder ao vídeo

LETRAS GALEGAS 2016

LETRAS GALEGAS 2016












Cine para os alumn@s de 1º

Engadimos outra peli, Cristobo Molón vista polos alumn@s de 1º




CINE para os alumn@s de 5º

Os alumn@s de 5º viron a película O espírito do bosque na aula de audiovisuais. Case case se pensaban que estaban nunha sala de cine...Despois realizaron a unidade didáctica. Que bonita experiencia...