PRENSA NA ESCOLA

luns, 24 de novembro de 2014

O MAGOSTO NO COLEXIO DE CARRIL


E por fin puidemos celebrar a festa do magosto. Despois de moitos días de chuvia e de ter traballado en clase con distintas actividades ao redor desta sabrosísima festa, por fin o tempo deunos tregua e deixounos saír ao patio a comer castañas e  xogar con elas.

Mapa conceptual do magosto feito polos alumnos e alumnas de 1º


Do magosto aprendimos que é unha festa cíclica do outono que anuncia a chegada do tempo frío.
Que a árbore da que nacen chámase castiñeiro e que un bosque de castiñeiros recibe o nome de souto.
Que as castañas hai que sacalas con coidado dos ourizos, que pinchan moito, e que despois van ao sequeiro a pasar uns días para ser secadas e así non collan bicho.



Aquí temos a imaxe dun sequeiro no medio do souto.

E que antigamente, o magosto realizábase no mesmo souto onde recollían as castañas.



E agora algunas fotos que dan contan do ben que o pasamos.



























Ningún comentario:

Publicar un comentario