PRENSA NA ESCOLA

venres, 22 de xaneiro de 2016

DÍA DA PAZ

 Resultado de imagen de gifs animados paz





SEMANA DA PAZ E DÍA DA PAZ (29 DE XANEIRO 2016)


Proxecto PARAUGAS POLA PAZ, de MATT LAMB (pintor irlandés)




Este proxecto empezou no 2002 con 38 nenos orfos vítimas do 11 de setembro.

 Xa participaron desde ese momento ata agora 900.000 nenos e adultos de
27 países ( de Arxentina, Australia, Bélxica, Brasil, Canadá, República Checa,
 Filipinas, Francia, Alemania, Grecia, Irlanda, Italia, Israel/Palestina, Xapón,
 Lituania, Luxemburgo, Panamá, Polonia, Slovenia, Rusia, Singapur, España,
 Reino Unido, EEUU, Thailandia e Vietnam). Hai máis de 500.000 paraugas pintados.
O paraugas como metáfora de protección. A parte superior (que é a que se pinta)
 simboliza a vivenda e a parte interior/inferior representa as nosas preocupacións e medos.




 
O día 30 de Xaneiro conmemórase a morte do líder nacional
 e espiritual da India, o Mahatma Gandhi, o 30 de Xaneiro de 1948,
 asasinado a tiros por un fanático hinduísta.
Gandhi naceu en Porbandar, India, en 1869, e tras graduarse en
 dereito en Inglaterra, instalouse en África do sur e loitou
 alí contra a discriminación de que eran obxecto os indios. Ao
 volver á India organizou a resistencia non violenta contra o
colonialismo e a non cooperación coa administración inglesa.
 Tratou de frear os choques entre hindús e musulmáns.
 Encarcerado en numerosas ocasións, era en 1937 o líder
dun movemento independentista capaz de mobilizar ou
 deter a millóns de indios.
Por outra banda, tamén celebramos nesta xornada o Día
 Escolar da Non-Violencia e da Paz. Este foi fundado en
1964 polo Inspector de Ensino Lorenzo Vidal. É definida como
 unha xornada educativa de pacificación, co fin de levar
 aos educandos polo medio da reflexión persoal ao descubrimento
 da mensaxe fundamental de que "o amor é mellor que o odio,
 a Non-violencia mellor que a violencia e a paz mellor que a guerra" (Vidal, 1972).



Enlaces para traballar a Semana da Paz ou do Día da Paz




















Ningún comentario:

Publicar un comentario