PRENSA NA ESCOLA

venres, 30 de xaneiro de 2015

DÍA DA PAZ

Hoxe foi un día especial no cole porque celebramos o día da Paz. Para festexar esta data elaboramos un vistoso mural no cal escribimos unha lenda dos indios americanos. Dese mural partían moreas de bolboretas cara as distintas aulas, bolboretas que levábamos xa uns días pintando e decorando. O centro encheuse así de fermosas bolboretas e podo dicir que estaba precioso con toda esta ambientación. Tamén estivemos ensaiando a canción de Toc toc de Pablo Díaz, así que hoxe todos e todas estábamos preparadísimos para cantala, cousa que fixemos verdadeiramente ben. Por mor da chuvia o acto tivo lugar no salón de actos e ao final rematamos cunha actividade moi emocionante: soltamos unhas pombas grazas a colaboración dun avó dun alumno do noso centro.
A continuación amosamos un vídeo que recolle unha pequena escolma de fotos nas que poderedes ver o moito que traballamos e o ben que o pasamos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario