O EDLG proporciona á comunidade educativa estos enlaces para traballar O SAMAÍN nas aulas ou nas casas, tamén. Esperamos que vos sexa de interese e de utilidade.
Pinchade nestas palabras SAMAÍN 2015
Onte vivimos no centro unha xornada adicada a nosa lingua. Festexamos o día das Letras dun xeito sinxelo pero moi, moi especial. Logo de que dúas alumnas de 6º recordaran a figura de Xosé Filgueira Valverde, autor homenaxeado este ano, houbo festa por todo o alto. Contamos coa presenza do grupo das pandeiretas e do grupo de gaitas do noso centro quenes nos deleitaron cunhas pezas de música tradicional galega. Fixéronno realmente ben e por iso non deixaron de recibir aplausos dun público totalmente entregado. Despois todos bailamos unha muiñeira e para rematar degustamos uns churros feitos por unha churreira profesional. Grazas profe Inma por organizar este acto e grazas profe Malena por facer posible ese magnífico acompañamento musical. Moi feliz día das nosas letras e moi, moi pero que moi longa vida a nosa lingua!!!!
Aquí deixamos un vídeo realizado pola Voz de Galicia onde podedes ver o ben que o pasamos.
O acto apareceu na prensa. Clicade neste enlace para velo:
Como ben sabedes, moitas aulas do noso centro, coordinadas pola mestra María Rodríguez (titora de 6º), sumáronse á homenaxe ao artista Takashi Murakami. Aquí deixamos algunhas fotos dos traballos realizados e dos bonitos resultados desta gran iniciativa artística.
Aquí deixamos máis fotos onde os alumnos e alumnas de 3º A e 3º B reivindican o uso da nosa lingua. Magníficos rapaces e rapazas!! Moitas grazas mestras Patricia e Paz porque grazas a vós podemos encher este blogue de fotos en defensa do noso idioma. Aí van!!!