PRENSA NA ESCOLA

Amosando publicacións coa etiqueta Magosto. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Magosto. Amosar todas as publicacións

sábado, 5 de novembro de 2016

O MAGOSTO

O MAGOSTO otono-imagen-animada-0002

No mes de Novembro, a castaña recupera a importancia que o millo e a pataca
 lle arrebataron nas lareiras galegas hai varios séculos.  Nestes días rendeselle
 culto, é o Magosto.
O aire das frías noites do 1 e o 11 de novembro levou sempre en Galicia o recendo
das castañas asadas. O Magosto era o tempo que os galegos reservaban para honra-las
colleitas, despois do equinoccio, un costume que nestes últimos anos se intenta recuperar.

magosto Proclamada de novo raíña, o queixume da castaña mentres é cociñada
 convida a compartir con familiares e amigos as horas nocturnas alumeados polas faíscas
 da lareira e a luz das lapas baixo o ceo raso.

Ó rito que acompaña a noite non lle falta de nada. Festa de mozos e mozas, eles traen
 o viño tinto novo -o primeiro da colleita do ano-, mentres elas xuntan os froitos.
Di o refrán: "Por San Martiño faise o magosto con castañas asadas e viño ou mosto".
Novembro representa, en terras galegas, o tempo do Magosto e o comezo da
  temporada da matanza do porco

Por San Martiño celébranse reunións en casas e barrios durante as que se comen castañas
asadas acompañadas por chourizos e polo primeiro viño tinto da colleita do ano.

RECURSOS PARA O MAGOSTO:
https://sites.google.com/site/recursosparaomagosto/

mércores, 11 de novembro de 2015

É o tempo do MAGOSTO

O mes de novembro é o mes do Magosto, e son dúas as datas máis correntes para a súa celebración: o día 1 de novembro, festa de Tódolos Santos, ou o día 11, festa de San Martiño. Este mes de novembro tamén leva o nome deste santo.

Outra data case obrigada para comer castañas é o primeiro de Maio, chamándoselles "MAIOLAS ou MAIAS", e comíanse para "non desmaiarse o resto do ano".

Tamén se comían as castañas na Coresma cando había o costume de que non se comese carne.

Fíxate se se comían castañas en Galicia que ata que apareceron as patacas no lugar destas consumíanse as castañas. Hai moitos xeitos de comer castañas: Castañas asadas, castañas cocidas, caldo de castañas, etc.

Para que lles sexa máis cómodo comelas, nalgúns sitios atravésanas cun fío para poder levalas a modo de colar.




Polo San Martiño, trompos ó camiño

No Magosto, xornada de xogos populares: canicas, trompos, diabolo, cordel.....

DENDE O EDLG seguimos enviando enlaces para traballar o Magosto dende as aulas:
  • http://www.xunta.es/linguagalega/outono_materiais_e_recursos



luns, 24 de novembro de 2014

O MAGOSTO NO COLEXIO DE CARRIL


E por fin puidemos celebrar a festa do magosto. Despois de moitos días de chuvia e de ter traballado en clase con distintas actividades ao redor desta sabrosísima festa, por fin o tempo deunos tregua e deixounos saír ao patio a comer castañas e  xogar con elas.

Mapa conceptual do magosto feito polos alumnos e alumnas de 1º


Do magosto aprendimos que é unha festa cíclica do outono que anuncia a chegada do tempo frío.
Que a árbore da que nacen chámase castiñeiro e que un bosque de castiñeiros recibe o nome de souto.
Que as castañas hai que sacalas con coidado dos ourizos, que pinchan moito, e que despois van ao sequeiro a pasar uns días para ser secadas e así non collan bicho.



Aquí temos a imaxe dun sequeiro no medio do souto.

E que antigamente, o magosto realizábase no mesmo souto onde recollían as castañas.



E agora algunas fotos que dan contan do ben que o pasamos.